A_esquerda_ante_o_colapso_da_civilización_industrial

InicioContidosAutorPrólogoGrazasReseñasBibliografíaAnexosCitasPresentaciónsContactoConségueo

Esta é unha revisión antiga do documento!


Citas extraídas da edición orixinal en galego

Citas en modo texto

Caeron as máscaras, a falsa concordia do Estado do Benestar e da suposta compatibilidade entre democracia e capitalismo, e así é que da metáfora da marea que levanta todos os barcos pasamos a experimentar un tsunami que esnaquiza os máis débiles contra os muros dunha biosfera que se descubre de súbito limitada, mentres os poderosos fuxen en submarino cara a un mundo de dominación postcapitalista que se prepara sobre as ruínas do crecemento exponencial.

O miolo da miña crítica, como a doutros autores que irei citando ao longo do libro, é o feito de a esquerda estar a fallar estrepitosamente na comprensión da natureza e características do intre histórico no que estamos, da Crise Terminal que comezamos a padecer a principios deste século e que vai supor a fin, non só do modelo socio-económico-político capitalista, senón da civilización industrial no seu conxunto.

A base das ferramentas teóricas que empregan maioritariamente as esquerdas non deixa de ser a obra duns autores que xorden precisamente coa aparición da civilización industrial, e que polo tanto deixa de ser aplicable en boa medida co devalar desta. Velaí a raíz do grave problema que pretendo analizar neste ensaio.

A enerxía neta per cápita está directamente vinculada co nivel/calidade de vida, e polo tanto cos obxectivos de mellora material da condición humana que veñen formulando historicamente as esquerdas. A perda dese nivel enerxético de vida terá repercusións psicosociais dun alcance imprevisible que poden mesmo levar á desintegración das nosas sociedades.

Que futuro cabe esperar na esquerda a partir da morte do Estado de Benestar e co colapso que acarreará a vertixinosa queda na enerxía neta dispoñible a nivel mundial derivada do rápido esgotamento das fontes enerxéticas fósiles de alta Taxa de Retorno Enerxético?

É este carácter difuso e incompleto da percepción do problema civilizatorio que se agocha tras dos aspectos máis doadamente perceptibles da crise, o que facilita que se pense na continuidade da validez das teorías convencionais na esquerda, que alenta que se formulen cousas coma un keynesianismo verde ou un Green New Deal, fomentadas pola maioría da intelectualidade e do mundo académico de esquerdas.

Entrementres, nós andamos a rifar no interior dos edificios por ver cal debería ser o plano que se utilizase para a construción do seguinte andar deste ou daquel outro predio ou para ver como mellor reformarmos os seus habitáculos, sen sermos conscientes de que a construción enteira, xunto coa cidade na que se asenta, está a afundir sen remedio e ameaza con enterrar baixo un monte de cascallos os nosos planos e a todos nós con eles.

Achámonos nunha situación de inédita gravidade pois malia estarmos a vivir unha situación crítica e sen precedentes (…) nas bases (…) que marcan os límites da nosa existencia como especie neste planeta, non se están a ter en conta nin as súas consecuencias nin a súa mera existencia dentro do pensamento político maioritario, nomeadamente na esquerda, que é onde moitos depositamos as nosas esperanzas de transformación social.

A esquerda segue a dar por suposto que os aparatos do chamado Estado de Benestar (sanidade pública, servizos públicos, servizos e axudas sociais diversos, etc.) van poder seguir sendo viables indefinidamente, cando en realidade son directa ou indirectamente dependentes dun descomunal fluxo enerxético de orixe fósil para soster a súa complexidade e loitar contra a súa degradación entrópica. E non só iso, senón que, aínda por riba, dependen financeiramente duns ingresos estatais estables a través dos impostos, que á súa vez están en función do grau de crecemento do conxunto da actividade económica no país.

Outro erro conceptual do que debe liberarse a esquerda é a identificación entre o instrumento emprego e o fin derradeiro deste: unha vida digna e a satisfaccións das necesidades humanas. (…) No contexto desta fin da industrialización o dereito ao traballo debería ser repensado, relativizado e substituido polos dereitos irrenunciables a termos cubertas esas necesidades reais, físicas (materiais) e psicolóxicas. En consecuencia, debería abrirse a esquerda a considerar outras maneiras de vivir que non dependan do traballo asalariado e que sexan máis resilientes (…)
No modelo actual, a defensa do emprego leva perigosamente asociada a defensa do crecemento a ultranza (…) deste xeito, o pensamento produtivista de esquerdas plasmouse históricamente nun ríxido discurso obreirista que considera que para ser de esquerdas hai que defender sen fisuras calquera posto de traballo sen ter en conta as repercusións da industria sobre o medioambiente, a explotación doutros seres humanos ou a súa sustentabilidade enerxética (…)
Temos que nos decatar de que o traballo asalariado e máis a hiperespecialización actual das actividades laborais non son senón o froito da industrialización, e esta, a súa ve, da enorme dispoñibilidade enerxética que nos veu fornecendo a enerxía fósil. Ao devalar esta irreversiblemente, debemos comezar a pór en tea de xuízo a continuidade de moitas cousas que dábamos por sentadas (…)
Isto implica pensar que existen outras maneira de que cada persoa teña satisfeitas as súas necesidades, sen pasar obrigadamente pola ferramenta do traballo e a mediación do diñeiro (…) Só iso sería un enorme paso para nos achegar ás visións do ecoloxismo social, punto de encontro entre a xustiza social e a realidade física do necesario coidado da biosfera da que facemos parte

Citas en modo gráfico

Cita de 'A Esquerda ante o colapso da civilización industrial', de Manuel Casal Lodeiro

Cita de 'A Esquerda ante o colapso da civilización industrial', de Manuel Casal Lodeiro

Cita de 'A Esquerda ante o colapso da civilización industrial', de Manuel Casal Lodeiro

Cita de 'A Esquerda ante o colapso da civilización industrial', de Manuel Casal Lodeiro

Cita de 'A Esquerda ante o colapso da civilización industrial', de Manuel Casal Lodeiro

Citas traducidas ou da edición en castelán

Citas en modo texto

En la situación actual, prácticamente todo el espectro de la izquierda estatalista (desde la socialdemocracia hasta los partidos comunistas clásicos) no sólo no se desprenden de su apuesta por la institución estatal, sino que apuestan por reforzarla, frente al proceso privatizador (que más bien deberíamos llamar expoliador) y del acoso de los mercados capitalistas, siguiendo su lógica inconsciente del rumbo entrópico de nuestra civilización, defienden un mantenimiento del Estado, principalmente en su vertiente de Estado de Bienestar.

¿Pero cómo defenderemos algo de tal complejidad que no podría ser mantenido nunca en una sociedad con una baja disponibilidad energética? ¿Cómo hacer depender toda nuestra acción política de una entidad que va a resultar energéticamente inviable en el medio plazo? ¿Cómo pensamos redistribuir la riqueza mediante la prestación de servicios públicos si esa riqueza va a menguar aceleradamente y no tenemos medios para sostener la complejidad que requieren los servicios estatales modernos a una escala como la actual?

Frente a esta situación, solo cabrían 3 caminos:
1ª) Desmantelar el estado hasta su mínima expresión para beneficio de los mercados capitalistas (escenario anarcocapitalista).
2ª) Intentar mantenerlo a costa del resto de la sociedad, conservando una institución estatal de alta complejidad y por lo tanto alto consumo energético, privando a la ciudadanía de recursos energéticos y materiales (escenario eco-totalitarista).
3ª) Reducir controladamente la complejidad y alcance del Estado, paralelamente a la reducción del consumo per capita, pero evitando que el mercado capitalista o neufeudalista se apodere de los espacios de la vida socioeconómica, y entregándoselos paulatinamente a las comunidades locales, es decir, defender lo público, pero entendiéndolo no como un sinónimo de estatal sino abriéndolo a lo comunitario/comunal (escenario comunitarista postestatal).
Lo primero que debemos advertir es que las estrategias de tipo hipócrita no están tampoco exentas de riesgo, pues una población decepcionada, a la que se le haya dicho que era posible una vuelta atrás para recuperar el Estado del Bienestar —pongamos por caso— y acabe descubriendo que fue engañada pues el partido que se lo vendió sabía en realidad que no sería factible, puede muy bien caer, tras ese mandato de la izquierda infructuoso —en el sentido de que no dio el resultado prometido—, en los brazos de opciones de extrema derecha.