A_esquerda_ante_o_colapso_da_civilización_industrial

InicioContidosAutorPrólogoGrazasReseñasBibliografíaAnexosCitasPresentaciónsContactoConségueo

Translations of this page:

Historia do libro

  • Capa do n. 2 da revista O GolpeXullo de 2013: O autor publica no nº 2 da revista de pensamento arredista O Golpe (monográfico sobre Economía e Crise) un texto titulado «A esquerda e o colapso da civilización industrial».
  • 2014: O autor amplía o texto coa intención de publicalo como libro. Edicións Corsarias amosa o seu interese e acordan a entrega do texto para final do ano.
  • Marzo de 2015: Por diversos motivos o texto final do libro non se entrega ata comezos dese mes. O autor e a editorial falaran de publicalo antes das eleccións municipais españolas de maio de 2015.
  • Maio de 2015: Finalmente o libro non se dá publicado no prazo previsto e acórdase unha revisión e actualización do mesmo de cara á súa publicación para o 25 de xullo de 2015 (Día da Matria Galega).
  • Xuño de 2015: Comezan os primeiros contactos para unha posible publicación do libro en castelán.
  • 14 de xullo de 2015: O autor pon en marcha este novo wiki como apoio online á difusión do libro e para albergar no futuro diversos contidos relacionados co mesmo.
  • 15 de xullo de 2015: A revista 15/15\15 publica o limiar escrito por Teresa Moure como adianto do livro.
  • 25 de xullo de 2015: Pasa a data prevista de saída sen que se publique o libro, por retrasos xerais na produción da editorial.
  • 29 de xullo de 2015: A editorial Corsarias confirma ao autor que a nova data de saída prevista será na 2ª quincena de setembro, e que o deseño elixido para a capa será o da estrela vermella.
  • 5 de setembro de 2015: Novamente a editorial alega retrasos na preparación do libro e apunta a comezos de novembro como nova data de saída.
  • 6 de outubro de 2015: A revista 15/15\15 publica un adianto do libro cun fragmento do Cap. 1, titulado “Unha esquerda postindustrial? (1: «O crecemento perpetuo é posible e desexable»)”. O autor comeza contactos con outros medios para publicar máis adiantos da obra, á espera da súa publicación.
  • 23 de outubro de 2015: Á vista de que Corsarias non responde ás solicitudes do autor para ver probas de como vai o proceso de edición do libro e para asinar o contrato —despois de case 8 meses de ter entregado o orixinal—, este decide dar por rachado o trato. A Asociación Véspera de Nada e a Asociación Touda aceptan facerse cargo da coedición do libro e o autor comeza con elas un proceso urxente de crowdfunding para ter o libro na rúa a comezos de decembro.
  • 4 de novembro de 2015: Presentamos a capa definitiva do libro, obra de Martiño Picallo (Luscofusco).
  • 9 de novembro de 2015: Os pedidos do libro durante o proceso de financiamento popular chegan ao 100% da tiraxe prevista inicialmente de 200 exemplares. Ata entrar en imprenta, continúan aceptándose máis pedidos, para así aumentar tiraxe.
  • 28 de novembro de 2015: Debido ao prolongado do proceso de maquetación e revisión, a data de saída decide retrasarse ata o 15 de decembro aproximadamente.
  • 7 de decembro de 2015: Tras un problemático proceso de revisión da maquetación, por fin entra en imprenta a maqueta definitiva.
  • Capa da ed. en galego do libro21 de decembro de 2015: Por fin nos chegan 274 exemplares que compoñen a 1ª edición. Comeza o reparto, entregando a algúns compradores e librarías de Compostela. Desde este momento os editores non admitiron máis precompras a prezo especial de crowdfunding: as persoas interesadas foron derivadas ás librarías da súa zona, e se non podían mercar alí, vendíaselles ao mesmo PVP ca nas librarías (18 €) desde Véspera de Nada ou Touda.
  • 22 de decembro de 2015: Comezan os envíos postais dos libros ás persoas e librarías (de fóra de Compostela) que o mercaran anticipadamente.
  • Presentación do libro na libraría Pedreira7 de xaneiro de 2016: Confírmase a data da 1ª presentación (lanzamento) do libro, en Compostela, na Libraría Pedreira (R/ do Home Santo, 55), o día 21 de xaneiro ás 20:00 h, que contaría como madriña coa presenza de Teresa Moure.
  • 21 de xaneiro de 2016: 1ª presentación (lanzamento) do libro.
  • 25 de xaneiro de 2016: A 1ª edición fica oficialmente esgotada. Aínda quedaban libros nalgunhas das librarías que o pre-encargaran ou compraran unha vez editado.
  • 29 de xaneiro de 2016: Lánzase un crowdfunding en Verkami para financiar en 31 días unha 2ª edición: até o 29 de febreiro ás 16:00 h púidose apoiar esta reedición encargando exemplares.
  • 22 de febreiro de 2016: Amplíase o prazo para xuntar os cartos para unha 2ª edición, até o 9 de marzo.
  • 9 de marzo de 2016: Remata sen éxito o crowdfunding en Verkami para tentar facer unha 2ª edición, ao só conseguir o 55,4% do orzamento previsto para facer 200 exemplares máis.
  • Capa da edición en castelán12 de abril de 2016: Asínase contrato con La Oveja Roja para a edición do libro en castelán.
  • 10 de maio de 2016: Complétase a tradución do libro ao castelán.
  • 21 de xuño de 2016: Anúnciase oficialmente que o acto de presentación da edición en castelán será o 4 de agosto durante a Feira do Libro da Coruña.
  • 4 de agosto de 2016: Lanzamento oficial da edición en castelán, a cargo de La Oveja Roja. Presentación e venda dos primeiros exemplares na Feira do Libro da Coruña.
  • Presentación da ed. en castelán na CoruñaDerradeira semana de agosto de 2016: A edición en castelán chega ás distribuidoras.
  • Primeira semana de setembro de 2016: A edición en castelán chega ás librarías.
  • 31 de decembro de 2017: Libérase, nas páxinas da Revista 15/15\15, a versión completa en PDF da edición orixinal en galego.